miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Continúa o tempo primaveral en Compostela

Continúa o tempo primaveral en Compostela
Continúa o tempo primaveral en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 18 graos

O mércores seguiremos na influencia das altas presións centradas ao sur de Irlanda que, xunto coas baixas presións do Mediterráneo, intensificarán a circulación do nordés. Agárdase así unha xornada de ceos pouco nubrados en xeral, con máis nubes no terzo norte, con entrada de nubes altas pola noite. As temperaturas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés moderado con intervalos fortes no litoral da Coruña.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán notablemente.

Comentarios
Lo más