Tempo soleado e caloroso en Compostela
08:00 16/03/21
08:00 16/03/21
As temperaturas en Santigo oscilarán entre os 7 e os 19 graos
O martes continuaremos baixo a influencia das altas presións e con circulación do nordés. Unha situación que nos trae un día de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con algunhas nubes de estancamento ao norte do Xistral. As temperaturas en lixeiro ascenso máis acusado nas mínimas. O vento soprará do nordés con intervalos fortes no litoral norte.
En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado. En canto ó estado da calidade do aire, manterase admisible en termos xerais.