miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preguntan pola demora na selección do director titular da banda de música municipal

Preguntan pola demora na selección do director titular da banda de música municipal
Preguntan pola demora na selección do director titular da banda de música municipal

O  proceso selectivo iniciouse hai máis de un ano e unicamente se celebrou unha das tres probas previstas.

O Grupo Municipal Popular vai presentar unha pregunta no pleno ordinario deste mes de marzo para coñecer os motivos polos que se mantén en suspenso, despois de transcorrido máis de un ano da súa convocatoria, o proceso de selección do director titular da Banda de Música Municipal e en que data prevé o Goberno que estea cuberta esta praza para poder afrontar nas mellores condicións unha nova programación de cara ao Ano Santo.

A iniciativa, que asina a concelleira María Antón, destaca que o vindeiro mes de maio, coincidindo coa metade do mandato do actual Goberno, vanse cumprir 5 anos sen que Banda conte cun titular no posto principal na formación. A pesar de que hai máis de un ano que comezou o proceso de selección do director titular da Banda de Música Municipal, coa convocatoria publicada o 27 de febreiro de 2020, unicamente se celebrou unha proba das tres previstas,levándose a cabo a mediados de decembro, case dez meses desde a convocatoria. Desde entón mantéñense pendentes as outras dúas probas, sen que se coñezan os motivos para manter en suspenso a día de hoxe o proceso, nin as previsións para regularizar unha situación que debería estar resolta antes da recuperación da normalidade, para afrontar coas maiores garantías e coas mellores condicións o desenvolvemento dunha programación cultural en pleno Ano Santo.

Para os populares, esta situación vén a incidir nunha constante dos últimos tempos no Goberno municipal: xa non son só os contratos de servizos básicos de maior ou menor complexidade -como a auga, o lixo ou o transporte- os que padecen a abraiante lentitude e desleixo para a súa tramitación, tamén son os procesos máis sinxelos os que evidencian co seu retraso a incapacidade na xestión máis ordinaria nas distintas áreas. Tal e como sinala María Antón, “a reiterada escusa da situación sanitaria non pode ser un constante recurso para xustificar o inxustificable. O paso do tempo e a comparación con outros concellos e con outras administracións pon ao descuberto as falacias e subterfuxios e debería obrigar a adoptar medidas e responsabilidades para que isto non continúe”. A este respecto, sinala que “resulta pertinente o exemplo do Concello de Lugo, onde se iniciou o proceso selectivo para o posto de director da súa banda de música hai apenas 3 meses, en decembro de 2020, e despois de celebrar as tres probas establecidas, resolveu o concurso a semana pasada, resultando seleccionado precisamente un dos candidatos que se mantiña no proceso selectivo da banda compostelá.”

Comentarios
Lo más