miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza con sol

A semana comeza con sol
A semana comeza con sol

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 17 graos

O luns as altas presións estarán situadas ao noroeste de Galicia. Deste xeito, o ceo quedará moi pouco nubrado en xeral, con algunhas nubes altas no suroeste, e néboas matinais en puntos do interior. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas experimentarán lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo do nordés, máis intenso no litoral da Coruña.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más