miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sábado chuvioso en Compostela

Sábado chuvioso en Compostela
Sábado chuvioso en Compostela

A temperatura en Santiago oscilará entre os 6 e os 13 graos

O sábado chega unha nova fronte a Galicia, polo que se agarda unha xornada de ceos cubertos con chuvias que pola mañá comezarán a rexistrarse na metade oeste e irán chegando a toda a Comunidade co avance do día. As temperaturas non terán cambios moi significativos. Os ventos soprarán de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral da Coruña.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. Agárdanse precipitacións o venres pola mañá e do venres pola noite ó sábado pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.

Comentarios
Lo más