Menos chuvia e máis sol para acabar a semana
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 13 graos
Galicia irá quedando durante esta xornada de xeito transitorio baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros e algún chuvasco ocasional algo máis probable pola mañá. A cota de neve estará nos 1200 metros. Temperaturas mínimas en moderado a notable descenso, máximas sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados no litoral norte e frouxos no resto.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o venres e o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán notablemente e máximas que se manterán sen cambios.