miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Begoña del Río, galardoada coa Medalla ao Mérito da Protección Civil

Begoña del Río, galardoada coa Medalla ao Mérito da Protección Civil
Begoña del Río, galardoada coa Medalla ao Mérito da Protección Civil

A xefa da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e policía local de Santiago, Begoña del Río, recolleu esta mañá o galardón, que outorga o Ministerio do Interior, da man do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

En total foron 9 os condecorados polo seu traballo en prol da sociedade civil. Begoña del Río recibiu o galardón "en recoñecemento aos méritos acumulados ao longo dos últimos anos que, entre outras accións, contribuíron a facer do Camiño de Santiago e do Xacobeo unha celebración máis grande".


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, agradeceu hoxe ás mulleres e homes da Protección Civil a súa entrega voluntaria e desinteresada que, día a día, "fan de Galicia unha Galicia mellor". Durante a súa intervención no acto de entrega das condecoracións do Mérito da Protección Civil, Javier Losada concentrou neste servizo "valores que definen unha democracia libre e avanzada", entre os que se inclúen "o heroísmo, a solidariedade, a colaboración e a cooperación".

Tras agradecer un a un o servizo de cada condecorado, Javier Losada exemplificou neles o que significa ser un "servidor público" no máis alto grao de compromiso persoal e profesional. A eles trasladoulles que este recoñecemento se fai "estensivo ao corpo ao que pertencedes" á vez que lles animou a redobrar esforzos para converterse en exemplo a imitar por outros "porque así garantiremos o noso crecemento como sociedade e que a nosa democracia sexa cada día máis libre e avanzada". 

Comentarios
Lo más