Os albergues reabren e volven o turismo activo e as clases de canto e instrumentos de vento
11:00 11/03/21
11:00 11/03/21
Os albergues volverán abrir a partir do próximo venres, aínda que con limitacións de aforamento, recupéranse as actividades de turismo activo e volven as clases de canto e de instrumentos de vento.
Tamén volven as actividades de turismo activo, pero coa limitación a catro persoas --incluída a persoa que se encarga de dirixir a actividade--. No ámbito da educación, despois da progresiva recuperación dos ensinos especiais, a partir do venres volven as clases de canto e recupéranse tamén a docencia con instrumentos de vento, que volven a unha situación de normalidade (coas restricións vixentes xenerais).