miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tempo gris e con chuvia en Compostela

Tempo gris e con chuvia en Compostela
Tempo gris e con chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 14 graos

O xoves Galicia queda no límite da influencia dunha profunda borrasca situada ao norte das Illas Británicas que enviará unha fronte fría. Así, os ceos estarán cubertos, con chuvias que comezarán pola mañá na metade oeste e que co avance do día irán chegando a toda a Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre moderado e notable, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes entre Bares e Costa da Morte.

En Santiago, ceos moi anubrados ó comezo e ó final do período, aínda que cara a metade do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios.

No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral. 

Comentarios
Lo más