AGADEA pon en marcha un novedoso servizo de Estimulación Cognitiva no domicilio
A asociación de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzhéimer adáptase a situación de pandemia ofrecéndolle ás familias talleres de prevención e estimulación nos seus propios fogares
A Asociación Galega de Axuda aos enfermos con demencia tipo alzheimer e otras demencias neurodexenerativas (AGADEA) vén de poñer en marcha un novedoso servizo online Estimulación Cognitiva a Domicilio.
Este pioneiro servizo de Estimulación Cognitiva a Domicilio vai dirixido a aquelas persoas que desexan previr unha deterioración cognitiva e non poden ou non queren desprazarse a un centro. Son os propios profesionais da entidade os que van casa por casa impartindo os talleres. Despois de varios meses de funcionamento a acollida entre as familias está sendo moi boa.
Dende hai máis de 25 anos AGADEA ofrece este tipo de terapias non farmacolóxicas en distintos centros da comunidade. Na actualidade estes talleres impártense de forma presencial en Santiago, Ribeira, Vedra, Teo e A Estrada. Pero debido a situación de alarma sanitaria AGADEA deu un paso adiante para adaptarse a ‘nova normalidade’ e puxo en marcha a posibilidade de realizalo no seu propio domicilio.
Neste servizo trabállase o funcionamento cognitivo naqueles ámbitos que están afectados por algunha enfermidade, polo paso dos anos ou que aínda se estar afectados poden preservarse. O obxectivo final é o fomento da autonomía co que se consegue unha mellor calidade de vida da persoa e do seu entorno.
O servizo está dirixido pola Traballadora Social, Sonia Castro. Calquera familia pode solicitar máis información no telf. 651 981 863