miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Volve a chuvia a Compostela

Volve a chuvia a Compostela
Volve a chuvia a Compostela

As temperatuas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 12 graos

O mércores Galicia irá perdendo a influencia anticiclónica, xa con réxime de ventos do suroeste. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto. No litoral atlántico predominarán as nubes baixas e mesmo podería rexistrarse algunha chuvia feble ao longo do día. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas no interior. O vento soprará do suroeste, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña e na Mariña.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o mércores, o xoves e o venres. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios.

Comentarios
Lo más