miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sánchez-Brunete: “Sentímonos profundamente decepcionados coa resposta do alcalde ás nosas propostas prudentes e razoables para o orzamento”

Sánchez-Brunete: “Sentímonos profundamente decepcionados coa resposta do alcalde ás nosas propostas prudentes e razoables para o orzamento”
Sánchez-Brunete: “Sentímonos profundamente decepcionados coa resposta do alcalde ás nosas propostas prudentes e razoables para o orzamento”

“A resposta do Goberno é reveladora dun desprezo absoluto polas achegas do principal partido da oposición”

A resposta do Goberno municipal ás propostas presentadas ao orzamento municipal teñen causado unha profunda decepción no seo do Grupo Popular, expresada polo seu portavoz Alejandro Sánchez-Brunete, logo de que o pasado venres remitiran un segundo documento como complemento da inicial achega de actuacións formulada o 26 de febreiro.

O Grupo Popular trasladoulle o pasado venres unha ampliación do conxunto de propostas para que o alcalde puidera elixir algunhas actuacións acordes coa representatividade do grupo. Ante este ofrecemento e as facilidades para unha elección, o que fixo o alcalde foi desprezar practicamente todo.

Os populares víronse sorprendidos ante a actitude do Goberno que, de entre as 25 propostas de maior ou menor envergadura que se poderían ter escollido, non seleccionou ningunha actuación, nin sequera aquelas máis razoables e afastadas de posicionamentos ideolóxicos, como as axudas para os sectores máis afectados pola pandemia, o dotación dun aparcamento público ou a creación dunha rampla para mellora da accesibilidade nas inmediacións do ambulatorio,

Ante esta actitude do Goberno, o Grupo Popular lamenta que o Goberno renuncie a mellorar e enriquecer o orzamento municipal integrando as propostas que desde a lealdade e a colaboración se lle ofrecen, poñendo por diante o egocentrismo partidario antes que a utilidade e a aceptación social. “Agora descubrimos que desde o minuto cero houbo un interese cero para integrar propostas”, conclúe o portavoz do Grupo Popular.

Comentarios
Lo más