miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza con sol e fresco

A semana comeza con sol e fresco
A semana comeza con sol e fresco

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 3 e os 11 graos

Non se agardan cambios significativos para o luns xa que Galicia continuará na influencia das altas presións con ventos do nordés que seguen a enviar aire frío. Deste xeito, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados agás no terzo norte onde quedarán con intervalos de nubes baixas, coa posibilidade dalgún chuvasco ocasional no norte de Lugo As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, con formación de xeadas en zonas do interior, e as máximas tamén descenderán, con sensación de frío debido ao vento do nordés.

En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar moi anubrados. Agárdanse precipitacións o mércores pola noite. As temperaturas serán baixas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.



Comentarios
Lo más