A Festa da Filloa de Lestedo vive a súa edición máis virtual
O Entroido é habitualmente o tempo no que se celebra a Festa da Filloa de Lestedo, que este ano chegaría á súa edición número 38. Debido a pandemia de Covid este ano non se pode celebrar na súa forma tradicional, pero si haberá celebración, aínda que sexa virtual.
A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón, organiza o concurso de fotografía dixital ‘Filloarte’, que premiará imaxes das propias filloas, da súa elaboración e mesmo de "creatividades en base ás filloas"
O programa para este domingo 21 de febreiro será o seguinte:
10.00 horas :Publicación do álbum de imaxes do Concurso fotográfico 'Filloarte' e comezo do periodo de votación
12.00 horas : Atranque virtual dos Xenerais do Ulla de Lestedo
Ademáis, desde a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo enviaron un pequeno agasallo en forma de riquísimas filloas para que distintas entidades e persoas que colaboran na difusión da Festa da Filloa de Lestedo poidensen ter un anaquiño dela dende a casa.