Venres gris e con chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 13 graos
Galicia quedará durante este día baixo a influencia dunha profunda borrasca que se situará ó oeste de Irlanda. Unha fronte asociada a esa baixa afectará á nosa Comunidade nas últimas horas do día. Prevese así unha xornada cos ceos parcialmente cubertos no norte e leste mentres que no sur e na franxa atlántica os ceos estarán cubertos, con chuvias febles e intermitentes ao longo do día. Durante a noite as chuvias serán localmente fortes no extremo oeste. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará forte do sur, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios. Vento forte do Sur do venres pola mañá ó sábado pola tarde.