miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xuntanza en Raxoi coa Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Santiago

Xuntanza en Raxoi coa Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Santiago
Xuntanza en Raxoi coa Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse  no Pazo de Raxoi cos representantes da Asociación ASPAS para abordar os asuntos que afectan á entidade. Por parte de asociación asistiron á xuntanza a súa presidenta, María Encarnación Montero Luces, e o xerente, Javier García Sánchez.

Os responsables de ASPAS presentarónlle ao alcalde e á concelleira o proxecto de construción e ampliación do Centro de Día e Residencia da Asociación, co que pretenden crear 60 nova prazas de centro de día para persoas con discapacidade intelectual, das cales 20 serían residenciais. Así mesmo, o proxecto busca liberar 30 prazas de centro de día das instalacións actuais para a ampliación do centro ocupacional.


A obra comezou en decembro de 2019 pero, por mor da pandemia, paralizouse entre abril e decembro de 2020. Dende a asociación contan con rematar a primeira fase (a relativa ao centro de día) en 2021 e a segunda (centrada na residencia) en 2022. Neste proxecto, a entidade quere implicar non só ao Concello, senón tamén ás administración provincial e autonómica.

Nesta xuntanza tamén se fixo balance do realizado o ano pasado, no que a asociación se viu obrigada a pechar as súas instalacións durante o confinamento. O Concello colaborou en 2020 coa entidade no programa de respiro e/ou emerxencia familiar cun total de 6.878 euros. 

Comentarios
Lo más