miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Atopan o cadáver dun octoxenario que desaparecera este mesmo mércores

Atopan o cadáver dun octoxenario que desaparecera este mesmo mércores
Atopan o cadáver dun octoxenario que desaparecera este mesmo mércores

O corpo do desaparecido estaba próximo a un depósito de auga

Un grupo conformado por voluntarios e efectivos da Garda Civil achou o cadáver dun octoxenario que faltaba do seu domicilio desde a mañá deste mércores, no municipio ourensán de Boborás.


O home, que tiña problemas de saúde, saíu esta mañá a camiñar desde a súa residencia particular, unha casa no lugar de Ventosa, en Xurenzás. Ao ver que non regresaba co paso das horas, a familia decidiu contactar coa Garda Civil para alertar da súa desaparición.

Nese momento despregouse un dispositivo de procura e os axentes puxéronse en contacto co 112 Galicia para pedir a colaboración dos Bombeiros da Mancomunidade do Carballiño/Ribeiro, que se desprazarían co equipo de drones, así como a dos membros do GES de Avión.

Ao operativo sumáronse familiares e veciños, ademais dun amplo número de efectivos de voluntarios de Protección Civil de Boborás, de Carballeda de Avia, da Mancomunidade do Ribeiro, de Cortegada e de Piñor. Finalmente, o rastrexo achou o corpo do desaparecido próximo a un depósito de auga do lugar, sobre as 17,00 horas. 
Comentarios
Lo más