Publicada a listaxe de beneficiarios das axudas á hostalería da segunda convocatoria do plan de reactivación económica
06:30 18/02/21
06:30 18/02/21
Nos vindeiros días faranse públicas tamén as axudas desta segunda convocatoraria correspondentes ao sector da cultura.
Este mércores 17 de febreiro fixose pública a listaxe de persoas beneficiarias e solicitudes denegadas relativa á convocatoria de axudas para o rescate do sector hostaleiro afectado pola covid-19, anualidade 2020.
Trala publicación das axudas ao comercio (toda dúbida relativa ás mesmas pode consultarse na web http://coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal/), faise pública agora a listaxe das axudas relativas á hostalería, cun orzamento global de 1.379.394,64 euros. A resolución pode consultarse ao final desta noticia.
Nos vindeiros días faranse públicas tamén as axudas desta segunda convocatoraria correspondentes ao sector da cultura.
Terceira convocatoria
A terceira convocatoria de axudas está xa en marcha. As bases están a ser consensuadas coas diferentes asociación co obxectivo de poder sacalas na segunda quincena de marzo.