Continúa o tempo de chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 13 graos
Galicia mantense na influencia das baixas presións, con réxime de ventos do sur e coa chegada dunha fronte fría moi activa ao final da xornada. Así, durante o día os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes no sur e oeste da Comunidade onde se rexistrará algún orballo. Co avance da tarde, intensificarase o vento e chegarán as chuvias que serán localmente fortes durante a noite na metade oeste. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes pola tarde e pola noite.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios. Vento forte do Sur do mércores pola tarde ó mércores pola noite; e forte do Sur do venres pola tarde ó venres pola noite.