miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Traballadores da UCI e de Urxencias concentranse este luns no CHUS

Traballadores da UCI e de Urxencias concentranse este luns no CHUS
Foto de archivo
Traballadores da UCI e de Urxencias concentranse este luns no CHUS

Os da UCI ás 12 e Urxencias ás 13


  • Como cada Luns, este 15 de Febreiro, ás 12 horas diante da fachada principal do Hospital Clínico, @s traballador@s do servizo de UCI DE ADULTOS, volverán manifestar a súa problemática diante da opinión pública. Unha hora máis tarde, ás 13 horas será o turno dos traballadores de urxencias que sarián tamén a 
  •  a manifestar as súas condicións de traballo, ( mediante rolda de prensa ), que pasan por este manifesto:


Transcorrido xa case un ano dende o comezo da pandemia da Covid-19, despois de varias reunións cos responsables do servizo e escritos dirixidos á Xerencia e tras solicitar reunión urxente coa mesma, recibindo o silencio como resposta, vémonos na obriga de facer pública a precariedade das condicións nas que traballamos e atendemos os pacientes.

Dende o comezo desta crise vimos denunciando unha falta de previsión e unha improvisación continuada que lonxe de nos preparar para esta vaga que sabíamos íba ser complicada trouxo unha situación máis caótica.

 Falamos dun servizo que pese a ser a porta de entrada da gran maioría dos casos Covid-19 seguimos sen ter os espazos necesarios para unha atención segura, para nós e os pacientes. 

Pese a que no verán levouse a cabo unha ampliación do servizo (40 camas) non se contemplou a necesidade de melloras para atención na zona covid ,nin sequera uns vestiarios seguros para o persoal ,nos cales confluímos limpos e contaminados en cada quenda. 

  • Seguimos a padecer unha falta de material de protección necesaria: epis, máscaras ffp2 para todo o persoal, pantallas de protección e mesmo luvas, material que chegou a comprar o propio persoal.
  • Non se procedeu á ampliación das plantillas , tal como recomenda o Ministerios de Sanidade e a normativa de riscos laborais, pola contra vémonos “obrigados” a facer quendas a maiores.
  • Tampouco foron reforzadas as plantillas de limpeza, algo imprescindible nunha pandemia.

Ante tal situación e a falta de interese mostrado polos responsables do complexo.


Comentarios
Lo más