miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Domingo tranquilo en Compostela

Domingo tranquilo en Compostela
Domingo tranquilo en Compostela

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 9 e s 15 graos

Galicia quedará o domingo na influencia das altas presións con ventos intensos do sur. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con nubes de tipo alto. Pola noite unha fronte achegarase polo oeste, traendo nubes baixas e chuvias ao oeste da provincia da Coruña. As temperaturas seguirán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas no oeste. Os ventos soprarán fortes do sur.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o domingo pola noite e o martes pola mañá. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.



Comentarios
Lo más