miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Día gris pero con pouca chuvia en Compostela

Día gris pero con pouca chuvia en Compostela
Día gris pero con pouca chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 13 graos

Durante a mañá do sábado chegará unha fronte pouco activa a Galicia, polo que pola mañá os ceos estarán cubertos, con chuvias máis persistentes na metade oeste. A partir do mediodía non se agardan precipitacións e iranse abrindo grandes claros na metade leste mentres que no oeste predominarán as nubes baixas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes na Costa da Morte.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións do venres pola noite ó sábado pola mañá e o domingo pola noite. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.

Comentarios
Lo más