miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Esixen “que se apuntale e repare dunha vez o muro da rúa Pombal e que se apuntale e repare tamén a dilixencia do Goberno municipal”

Esixen “que se apuntale e repare dunha vez o muro da rúa Pombal e que se apuntale e repare tamén a dilixencia do Goberno municipal”
Esixen “que se apuntale e repare dunha vez o muro da rúa Pombal e que se apuntale e repare tamén a dilixencia do Goberno municipal”

Os Populares volverán a solicitar en pleno explicacións á concelleira Mercedes Rosón

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, esixiu hoxe, tras producirse un novo derrubo, “que se apuntale e repare dunha vez o muro da rúa Pombal e que se apuntale e repare tamén a dilixencia do Goberno municipal”.

O portavoz municipal lembrou que van xa máis de catorce meses desde o primeiro derrubo sen que o departamento de Urbanismo sexa quen de garantir a estabilidade do muro.

Pese a “gravidade da situación” e ao “risco” advertido no seu momento polos técnicos, o Goberno municipal tardou un ano en ditar a primeira orde de execución. “Este é todo un exemplo da incapacidade municipal de asegurar o básico”, sinalou Sánchez-Brunete na liña do xa subliñado no debate sobre estado do Concello.

Os Populares volverán a esixir responsabilidades á concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, no Pleno do mes de febreiro, unha esixencia de responsabilidades que xa formularon nunha interpelación presentada no mes de novembro. Daquela, a concelleira de urbanismo vencellou a demora na resolución do problema ao propósito municipal de “converter o problema nunha oportunidade”, tentando realizar unha reforma de “prestancia”. “Meses máis tarde, a pretendida prestancia é unha sucesión de derrubes e a pretendida oportunidade é un situación de risco grave para a integridade das persoas”, advertiu Sánchez-Brunete.

Por último, Sánchez-Brunete contrastou a “dilixencia paliativa do departamento de Tráfico, que reacciona de inmediato, fronte a neglixencia preventiva do departamento de Urbanismo que non e quen de reaccionar en catorce meses”.

Comentarios
Lo más