miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Venres en calma en Compostela

Venres en calma en Compostela
Venres en calma en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 14 graos

Galicia quedará durante a xornada do venres baixo influencia anticiclónica, aínda que con ventos do sudoeste, que arrastrarán moita humidade. Con esta situación, agárdanse ceos nubrados pola mañá, con máis nubes no litoral atlántico, onde mesmo podería haber algún orballo ocasional pola mañá; apertura de grandes claros no interior pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do sur-sudoeste, frouxos no interior, moderados no litoral.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións  o sábado pola mañá. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.

Comentarios
Lo más