miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega unha fronte moi activa a Compostela

Chega unha fronte moi activa a Compostela
Chega unha fronte moi activa a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 13 graos

O xoves Galicia estará afectada polo paso dunha nova fronte moi activa nas horas centrais do día. Deste xeito, as chuvias comezarán desde primeira hora polo litoral atlántico, estendéndose progresivamente ao resto do territorio; serán moi persistentes e puntualmente fortes, especialmente en puntos de Pontevedra e sur da Coruña. As temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas mínimas. O vento soprará de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o xoves. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que ascenderán lixeiramente.

Comentarios
Lo más