Publicada a listaxe de beneficiarios das axudas ao comercio da segunda convocatoria do plan de reactivación económica (decembro 2020)
06:30 11/02/21
06:30 11/02/21
A terceira convocatoria de axudas está xa en marcha
Este mércores 10 de febreir o fíxose pública a resolución da Alcaldía pola que se publican as persoas beneficiarias, axudas denegadas e se require documentación ao abeiro da segunda convocatoria de axudas para o rescate do comercio local afectado pola covid-19, anualidade 2020.
O que se publican son as axudas relativas ao comercio: en total son 216 persoas beneficiarias que consumen o total dos 600.000 euros habilitados. Nos vindeiros días faranse públicas tamén as axudas desta segunda convocatoraria correspondentes aos sectores da hostalería e da cultura. Calquera dúbida pode consultarse na webhttp://coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal/
Terceira convocatoria
A terceira convocatoria de axudas está xa en marcha. As bases están a ser consensuadas coas asociacións de comerciantes co obxectivo de poder sacalas na segunda quincena de marzo.