miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As tarxetas de paso e parada e de residentes do Casco Histórico terán vixencia ata o 31 de decembro

As tarxetas de paso e parada e de  residentes do Casco Histórico terán vixencia ata o 31 de decembro
As tarxetas de paso e parada e de residentes do Casco Histórico terán vixencia ata o 31 de decembro

Con independencia de que o Concello poña en funcionamento con anterioridade a dita data o novo sistema de control de accesos

Dende a Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá informouse este mércores aos titulares de tarxetas de paso e parada e de residentes do Casco Histórico: os distintivos estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2021, con independencia de que o Concello poña en funcionamento con anterioridade a dita data o novo sistema de control de accesos a través de cámaras lectoras de matrículas, momento no que xa non será preciso utilizar a tarxeta.

En consecuencia, non é necesario que se solicite a renovación da mesma, aínda que o prazo de caducidade de dous anos teña lugar ao longo do ano 2021, nin de xeito presencial, nin telematicamente a través da plataforma de administración electrónica.

Toda a información relativa á titularidade destes distintivos en vigor volcarase automaticamente no software que xestiona as portas de acceso, sen necesidade de que os titulares realicen ningún tipo de xestión.

Ata que os novos dispositivos estean en funcionamento as tarxetas deberán colocarse no cadro de mandos do vehículo, de forma que sexa visible dende o exterior, aos efectos do control policial.

Comentarios
Lo más