miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un puoco de calma antes doutra tormenta

Un puoco de calma antes doutra tormenta
Un puoco de calma antes doutra tormenta

As temperatuiras en Santiago oscilarán entre os 6 e os 10 graos

O mércores será unha xornada de transición á espera dunha nova fronte que chegará ao final do día. Así, comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e e algunha chuvia illada no terzo norte. Co avance do día iranse abrindo claros e non se agardan chuvias. Pola noite aumentan as nubes e as chuvias irán chegando a toda a Comunidade durante a madrugada. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo, con intervalos de moderado, de compoñente oeste e irá virando a sur e aumentando de intensidade ao final do día.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o mércores e o xoves. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios.

Comentarios
Lo más