Unha borrasca máis deixará auga en Compostela
As temperaturas en Galicia oscilarán entre os 8 e os 12 graos
O martes quedaremos na influencia dunha borrasca que se situará ao norte da Comunidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos probables en calquera punto, que ocasionalmente poderán vir acompañados de sarabia e treboadas. A cota de neve comezará nos 1.300 metros e quedará nos 900-1000 metros na segunda metade do día. As temperaturas quedarán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas no interior. O vento soprará forte de compoñente oeste.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.