miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sánchez Bugallo reúnese cunha representación da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia

Sánchez Bugallo reúnese cunha representación da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Sánchez Bugallo reúnese cunha representación da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu  á presidenta de AEIGA, a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, Isabel Fraga Castro.

 No encontro, ao que tamén asistiron a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; o técnico responsable de Emprego, Javier Ferreiro; e Rocío Rodríguez, secretaria técnica da entidade; tratáronse as posibles liñas de traballo e colaboración conxunta para o ano 2021.

AEIGA é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro que agrupa a a distintas empresas de inserción laboral de Galicia. É, ademais, unha entidade social que está a traballar activamento no ámbito da inclusión sociolaboral dos colectivos denominados en risco de exclusión social.

Desde AEIGA buscan ampliar o coñecemento e difusión da figura das Empresas de Inserción Sociolaboral, e tamén impulsar a creación de novas empresas de inserción como modo de loita contra a exclusión social, e ferramenta de inserción laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social a través do apoio aos proxectos de creación de novos proxectos de inserción laboral. 
Comentarios
Lo más