miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Domingo pasado por auga en Compostela

Domingo pasado por auga en Compostela
Domingo pasado por auga en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 2 e os 12 graos

O domingo Galicia quedará na influencia dunha borrasca situada ao oeste de Irlanda que enviará unha fronte cálida durante a mañá deixando os ceos moi cubertos con chuvia miúda e intermitente, e unha fronte fría a partir do mediodía con chuvias persistentes en toda a Comunidade, que deixarán maiores cantidades de auga na provincia de Pontevedra e sur e oeste da provincia da Coruña. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, con xeadas no interior, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, fortes no litoral.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo e ó final do período, aínda que cara a metade do mesmo predominarán moi anubrados. Haberá precipitacións o domingo, o luns e o martes. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sur do luns pola noite ó martes pola mañá.

Comentarios
Lo más