miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Boqueixón conta xa cunha tenda de campaña para Protección Civil

Boqueixón conta xa cunha tenda de campaña para Protección Civil
Boqueixón conta xa cunha tenda de campaña para Protección Civil

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) do Concello de Boqueixón vén de recibir unha tenda de campaña que servirá para o desenvolvemento dos seus labores de apoio.

 Este material foi entregado onte polo delegado territorial da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, a representantes de 19 agrupacións de Protección Civil.

Esta mañá recepcionouse a tenda de campaña nun acto presidido polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, que estivo acompañado por integrantes da AVPC. Este novo material reforzará o equipamento para desenvolver as súas intervencións e labores de prevención de riscos en condicións de seguridade e co instrumental preciso, tal e como indicaron dende a Xunta de Galicia.

A dotación deste novo material foi posible a través da orde de axudas da Xunta para dotar ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil con equipacións de emerxencias. O investimento total para toda a comunidade é de 934.000 euros. 

Comentarios
Lo más