Continúa o tempo gris en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 10 graos
Durante este día as baixas presións localizaranse no leste da península Ibérica polo que introducirán aire algo máis frío que nos días anteriores procedente do norte. Agardamos unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con algunhas chuvias intermitentes no norte e leste máis probables durante a mañá. A cota de neve quedará arredor dos1000 metros. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas. Os ventos soprarán do norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o venres pola noite e do domingo pola mañá ó luns pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilará