Día de borrasca en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 12 graos
O venres Galicia quedará na influencia dunha borrasca que se situará ao sur de Portugal. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos durante a mañá con algún orballo no terzo norte. Á tarde os ceos quedarán cubertos con chuvias máis persistentes nas provincias de Lugo e Ourense. A cota de neve situarase nos 1200 metros ao final do día. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado de compoñente norte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o xoves pola tarde, o venres pola noite e o domingo. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas en descenso lixeiro.