Tregua de chuvia en Compostela
08:00 04/02/21
08:00 04/02/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 13 graos
Durante esta xornada Galicia atoparase nunha área atmosférica bastante estable, polo que apenas agardamos precipitacións, agás algúns chuvascos illados en puntos do oeste; no resto teremos en xeral un ambiente de nubes e claros. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará de compoñente sur virando a norte ao final do día.
En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o mércores, o xoves e o venres. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente.