O Colexio de Avogados de Santiago habilita una sala para os xuízos telemáticos
O Colexio de Avogados de Santiago, continuando coas medidas para facer fronte á situación derivada da pandemia, pon á disposición de todos os colexiados e colexiadas unha nova sala equipada cun sistema de videoconferencia para realizar os xuízos de forma telemática, así como para desenvolver todo tipo de reunións en liña.
A sala está dotada cunha pantalla de TV de 55 polgadas; webcam de alta resolución 4K de uso profesional; equipo portátil con conexión a internet de banda ancha por fibra óptica; sistema de purificación e renovación de aire (anticovid), e asistencia técnica prestada polo técnico informático do colexio.
“Temos que adaptarnos á pandemia e facilitarlle o traballo aos nosos colexiados e colexiadas, que poderán usar esta sala para reunións de traballo e xuízos telemáticos, unha modalidade que aumentou a consecuencia da Covid-19”, asegura o decano do colexio, Francisco Rabuñal,
Todos os colexiados e colexiadas poden reservar con carácter previo e antelación suficiente o uso desta sala a través do correo electrónico informatica@icasantiago.org, do teléfono 981 581 713 ou a través da aplicación mobil do colexio.