Máis chuvia para comezar a semana
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 13 graos
O luns estaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con circulación de ventos do suroeste que achegan moita humidade dende o mar. Agárdase así unha xornada de ceos moi nubrados con chuvias febles máis persistentes nas comarcas atlánticas. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste moderados, con intervalos fortes.
En Santiago, ceos moi anubrados en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios. Vento forte do Sudoeste o luns pola noite; e forte do Sur do martes pola tarde ó martes pola noite.