Domingo de chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 13 graos
Unha fronte atravesará Galicia durante este día deixando ceos moi nubrados con precipitacións, que serán máis intensas pola mañá nas provincias atlánticas. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios e as máximas con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán do sudoeste, fortes en xeral.
En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán moi anubrados. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán lixeiramente. Vento forte do Sudoeste o luns pola noite.