Sábado de tormenta en Compostela
08:00 30/01/21
08:00 30/01/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 11 graos
O sábado tralo paso da fronte asociada a Justine, quedaremos nunha situación de ceos moi nubrados con chuvascos, localmente treboentas. A cota de neve estará situada nos 1.200 metros, aumentando ó final do día. As temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado descenso. O vento soprará forte do oeste.
En Santiago, prevense ceos moi anubrados nas próximas datas, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral descenderán lixeiramente. Vento forte do Sudoeste o venres pola noite.