jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A chuvia protagonista do último día da semana en Compostela

A chuvia protagonista do último día da semana en Compostela
A chuvia protagonista do último día da semana en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre oa 11 e os 12 graos

Galicia quedará durante o venres na influencia dunha borrasca que se moverá polo Cantábrico, deixando chuvias e ventos fortes. Deste xeito, agárdanse ceos moi anubrados ou cubertos, con chuvias xeneralizadas ao final do día que serán máis cuantiosas canto máis ó oeste de Galicia. As temperaturas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente sur-sudoeste, fortes en xeral.

En Santaigo agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios. Vento forte do Sudoeste do venres pola tarde ó venres pola noite.



Comentarios
Lo más