jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Sanidade prepara un cribado en Oroso a principios de semana

Sanidade prepara un cribado en Oroso a principios de semana
Sanidade prepara un cribado en Oroso a principios de semana

A xerencia sanitaria comunicou ao Concello de Oroso que porá en marcha o demandado cribado pola incidencia da COVID

A xerencia sanitaria comunicou ao Concello de Oroso que, debido á complexidade do cribado que se realizará no municipio, que afectará a preto de 2.000 persoas e dado que no Centro de Saúde teñen que facer diferentes adaptacións informáticas para as probas, o cribado previsto para esta semana será finalmente o luns, martes e mércores pola tarde.

Esta proba, solicitada polo grupo de goberno de Oroso, servirá para detectar asintomáticos e frear a curva de contaxios. Os candidatos serán informados por SMS e as probas faranse no centro de saúde. Daremos máis información nas próximas horas.

Por outra parte, no Concello de Oroso hai a día  27 de xaneiro 61 casos activos de coronavirus, os mesmos que o día anterior, segundo os datos facilitados pola xerencia da área sanitaria.

Comentarios
Lo más