jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os avogados de Santiago entregan na Cociña Económica e no Banco de alimentos o recaudado en Nadal

Os avogados de Santiago entregan na Cociña Económica e no Banco de alimentos o recaudado en Nadal
Os avogados de Santiago entregan na Cociña Económica e no Banco de alimentos o recaudado en Nadal

O Colexio de Avogados de Santiago fixo este martes entrega á Cociña Económica e o Banco de Alimentos das cantidades recaudadas na campaña de doazóns posta en marcha no nadal. 

O decano do colexio, Francisco Rabuñal; a vicedecana, Carmen González Ferro, e o secretario técnico, Manuel Arza, estiveron esta mañá nas dúas institucións benéficas, onde fixeron entrega dos cheques e agradeceron o traballo dos voluntarios e voluntarias. 

“Tanto a Cociña Económica como o Banco de Alimentos fan unha gran labor axudando cada día aos colectivos máis desfavorecidos, esta campaña é unha pequena contribución e unha forma tamén de recoñecer o seu esforzo”, asegurou o decano, Francisco Rabuñal. 

“A situación económica derivada da pandemia do coronavirus afecta duramente a determinados colectivos, por iso acordamos de forma unánime iniciar esta campaña para colaborar coas dúas entidades”, engadiu.  

O propio Colexio de Avogados acordou doar 500 euros a cada unha destas organizacións, que cada día atenden na cidade a centos de persoas en risco de exclusión social. 

Comentarios
Lo más