jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

As contas do 2019 do Concello Boqueixón arroxan datos moi positivos

As contas do 2019 do Concello Boqueixón arroxan datos moi positivos
As contas do 2019 do Concello Boqueixón arroxan datos moi positivos

O pleno de Boqueixón deu luz verde a aprobación dos datos económicos correspondentes ao 2019

A Corporación local do Concello de Boqueixón aprobou en sesión plenaria as contas xerais correspondentes ao exercicio 2019 cos votos a favor do grupo de Goberno e cos votos en contra do grupo da oposición, Veciños de Boqueixón. Malia que todos os grupos recoñeceron que os resultados económicos deste ano eran positivos, dende a oposición matizaron certas puntualizacións referentes aos ingresos das actividades culturais ou a amortización do inmobilizado. Se ben, o grupo popular destacou o remanente positivo de tesourería do Concello, o reducido período de pago a provedores e o feito de que non teñan débeda con ningunha entidade bancaria.

As contas do 2019 consolidaron o punto de central da orde do día do pleno ordinario deste primeiro mes do ano. Tras presentar ante a comisión de contas o balance de 2019, o Executivo local expuxo ante o pleno este documento antes de envíalo á plataforma que o validará. 

Comentarios
Lo más