jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Denuncian falta de diálogo sobre a peonalización

Denuncian falta de diálogo sobre a peonalización
Denuncian falta de diálogo sobre a peonalización

O Grupo popular levará unha iniciativa ao Pleno que avoga por evitar os desaxustes, inconvenientes e prexuízos como os acontecidos no ámbito de Mazarelos ou no Ensanche

O Grupo Popular propoñeralle ao Goberno local, a través dunha iniciativa que presentará ante o Pleno deste mes de xaneiro, que se melloren os procesos de diálogo e información con residentes e comerciantes antes de levar a acabo os proxectos municipais, de forma moi especial á hora de acometer novas actuacións para a peonalización das rúas da cidade.

Para os populares, estes desaxustes foron notables na proxectada peonalización no ámbito comprendido entre a Praza de Abastos e a Porta de Mazarelos, tendo que alterar as previsións iniciais para a completa eliminación do tránsito habitual de vehículos ante as demandas da cooperativa de vendedores que consideran negativa para os seus intereses a proposta, unha opinión que tamén é compartida pola dirección e os pais e nais dos escolares do colexio emprazado na rúa das Orfas.

Algo semellante ten acontecido no Ensanche, onde a decisión de peonalizar varias rúas en determinados días e horas da semana suscitou as críticas da residentes e comerciantes, que valoraban máis os inconvenientes e prexuízos da medida que os supostos beneficios que motivaron a decisión municipal. Esta contestación social fixo que o Goberno anunciara a súa intención de revisar e anular a proposta despois de varias semanas activada.

Estes antecedentes levan ao Grupo Popular a propoñerlle ao Goberno que intensifique o diálogo e a información coa cidadanía e os sectores máis directamente afectados polas modificacións planificadas, unha forma de obrar que consideran debería ampliarse tamén a outras áreas para evitar erros, demoras e inconvenientes para a cidadanía no desenvolvemento das accións municipais.

Comentarios
Lo más