jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Sábado de chuvia en Compostela

Sábado de chuvia en Compostela
Sábado de chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 14 graos

O sábado chegará unha fronte fría durante a mañá deixando ceos cubertos e chuvias que serán especialmente intensas na franxa atlántica. A partir do mediodía quedaremos nunha situación de chuvascos, probables en calquera punto da Comunidade. A cota de neve estará nos 1.400 metros a primeiras horas e irá en progresivo ascenso co avance do día. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados, con intervalos fortes no litoral atlántico pola tarde.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán moi anubrados. Haberá precipitacións o venres, o sábado e o domingo. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más