Día gris y pasado por agua en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 12 graos
O mércores Galicia quedará na influencia dunha borrasca situada moi preto do litoral noroeste. Así, a situación estará marcada pola inestabilidade atmosférica. Deste xeito, agárdanse ceos cubertos con chuvias, que serán máis abundantes e fortes no oeste da Comunidade, ocasionalmente treboentas. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, e as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán fortes do suroeste .
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado aínda que oscilarán e máximas sen cambios. Vento forte do Sur do martes pola noite ó mércores pola mañá; e forte do Sudoeste do xoves pola mañá ó xoves pola tarde.