jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Corte ao tráfico da entrada á cidade histórica pola Praza de San Fiz

Corte ao tráfico da entrada á cidade histórica  pola Praza de San Fiz
Corte ao tráfico da entrada á cidade histórica pola Praza de San Fiz

Por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos

Dende este luns día 18 de xaneiro e ata o xoves día 21 (incluído) quedará cortado ao tráfico a entrada á zona monumental pola porta de acceso sita na Praza de San Fiz, por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos en dita rúa (proxecto Smartiago). 

O luns e martes as obras faranse no bolardo de saída cara a Travesa da Universidade. Os vehículos autorizados entrarán seguindo o sentido normal de circulación e farán a saída pola Praza de Irmán Gómez.

O mércores e xoves as obra faranse no bolardo de entrada á Praza de San Fiz. Os vehículos autorizados entrarán polo bolardo de saída e sairán pola Praza de Irmán Gómez.

Comentarios
Lo más