Corte no acceso á praza de Mazarelos
06:30 11/01/21
06:30 11/01/21
Por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos
Dende este luns 11 de xaneiro e ata o martes día 12 (incluído) quedará cortado ao tráfico o acceso á praza de Mazarelos pola rúa de Cardeal Payá, por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos, dentro do proxecto SMARTiAGO.
Os vehículos autorizados e os de carga e descarga poderán acceder polas portas de acceso da rúa das Casas Reais e da Algalia de Abaixo.