jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Continúa o frío pero a neve non chega a Santiago

Continúa o frío pero a neve non chega a Santiago
Continúa o frío pero a neve non chega a Santiago

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 1 e os 9 graos

Galicia queda nunha situación intermedia entre as altas presións do Atlántico e a borrasca do Mediterráneo. Esta configuración propicia a formación dun corredor de ventos do norte que traerán aire aínda máis frío que o de xornadas anteriores. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos, con chuvias máis probables na metade norte, de neve en cotas arredor 300-500 metros. As temperaturas non cambiarán, seguirán moi frías,con xeadas xeneralizadas. Os ventos soprarán fortes de compoñente norte.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que ascenderán lixeiramente. Vento forte do Nordeste o sábado pola tarde.

Comentarios
Lo más