jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Propoñen que se instale iluminación no aparcadoiro de Altiboia

Propoñen que se instale iluminación no aparcadoiro de Altiboia
Propoñen que se instale iluminación no aparcadoiro de Altiboia

Goretti Sanmartín reclama un sistema de sensores de detección de movemento, de baixo consumo enerxético e de proxección descendente para evitar que se incremente a contaminación lumínica



A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reclámalle ao Goberno local que faga as xestións necesarias para instalar iluminación na zona do aparcadoiro de Altiboia, ante as queixas recibidas.

Para o BNG, é preciso que estas obras de acondicionamento do aparcadoiro de Altiboia se complementen coa iluminación necesaria para ofrecer maior visibilidade e seguranza ás persoas usuarias, mediante un sistema de sensores de detección de movemento, de baixo consumo enerxético e de proxección descendente para evitar que se incremente a contaminación lumínica. Isto faise especialmente necesario durante o inverno, cando hai menos horas de luz e o tempo meteorolóxico é adverso.

A reforma e ampliación deste aparcadoiro situado a carón do Conservatorio Profesional de Música dá servizo á veciñanza da contorna de Rodríguez de Viguri e de Monte dos Postes, entre outros, ao contar con arredor de 100 prazas froito dos acordos de negociación do BNG para a súa inclusión nos Orzamentos e no plan de destino dos remanentes de tesouraría.

Con todo, este aparcadoiro non é a solución para a veciñanza de San Pedro e dos Concheiros, que leva tempo a reclamar novas prazas en zonas alternativas ao verse afectada pola redución de prazas en superficie por mor das obras de remodelación deste barrio, polo que o BNG segue a demandar que se habiliten novos espazos para lles dar unha solución e aliviar o tráfico na zona.

Comentarios
Lo más